Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Martes, 11 de agosto de 2015 Páx. 32966

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 do Porriño

EDICTO (397/2012).

Lucía García González, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 do Porriño, polo presente anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de José Enrique Campo Caballero fronte a Mónica Lorenzo Pérez ditouse a seguinte sentenza, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Xuíza que a dita: Fernández Márquez

Lugar: O Porriño

Data: nove de setembro de dous mil catorce

Demandante: José Enrique Campo Caballero

Avogado: Miguel A. Rodríguez Alonso

Procuradora: Manuela Sendón Jurjo

Demandado: Mónica Lorenzo Pérez

Procedemento: filiación 397/2012

Decido que, estimando a demanda formulada pola representación procesual de José Enrique Campo Caballero contra Mónica Lorenzo Pérez, debo declarar e declaro que Leonardo Lorenzo Pérez é fillo non matrimonial de José Enrique Campo Caballero, e acórdase a inscrición da presente sentenza no Rexistro Civil e a rectificación dos asentos contraditorios, inscribíndose a paternidade declarada, así como a rectificación dos apelidos do menor polos de Campo Pérez, todo isto sen expresa imposición de custas.

Lévese certificación da presente resolución ós autos da súa razón, uníndose o orixinal ao libro de sentenzas deste xulgado.

Notifíquese a presente resolución ás partes, con indicación de que contra esta sentenza cabe recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, que se interpoñerá no prazo de 20 días desde o seguinte ao da notificación da presente resolución.

Así por esta miña sentenza, xulgando en primeira instancia, pronúnciao, mándao e asínao Lorena Fernández Márquez, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 do Porriño e o seu partido».

E encontrándose dita demandada, Mónica Lorenzo Pérez, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma a ela.

O Porriño, 1 de xuño de 2015

A secretaria xudicial