Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Martes, 11 de agosto de 2015 Páx. 32964

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Primeira)

EDICTO (1167/2014).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 1167/2014-BC

Xulgado de orixe/autos: execución 77/2009. Xulgado do Social número 1 de Lugo

Recorrente: Simón Martínez Alvite

Avogado: Xermán Vázquez Díaz

Recorridos: Ipisa Piedras Naturales, S.A. e Iberoitaliana de Pizarras, S.A. (Ipisa)

Avogado: Jaime Benito Gutiérrez

Eu, M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección Primeira desta sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1167/2014 desta sección, seguido por instancia de Simón Martínez Alvite contra a empresa Ipisa Piedras Naturales, S.A. e Iberoitaliana de Pizarras, S.A. (Ipisa), sobre incidentes de execución, se ditou resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Resolvemos que, desestimando o recurso de suplicación interposto por Simón Martínez Alvite contra Auto do 17 de decembro de 2013, ditado polo Xulgado do Social número 1 de Lugo, desestimatorio do recurso de reposición interposto contra a providencia do 6 de novembro de 2013, nestes autos tramitados por instancia do recorrente, decretamos a nulidade de todo o actuado a partir da notificación do auto de instancia, que acadou firmeza na data en que se ditou, e repomos as actuacións ao momento seguinte da notificación do dito auto.

Modo de impugnación. Fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes ao da data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de 4 díxitos correspondentes ao número do recurso e 2 díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 no canto do 35, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de 20 díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo Observacións ou Concepto da transferencia os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Para que sirva de notificación en legal forma a Ipisa Piedras Naturales, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 23 de xuño de 2015

A secretaria xudicial