Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Martes, 11 de agosto de 2015 Páx. 32951

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2015 pola que se amplía o crédito para o ano 2015 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a concellos para o fomento da accesibilidade e sinalización nos recursos turísticos no medio rural, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013.

Con data do 18 de marzo de 2015 publicouse no DOG núm. 53 a Resolución do 6 de marzo de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión en réxime de concorrencia competitiva de subvencións a concellos para o fomento da accesibilidade e sinalización nos recursos turísticos no medio rural, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, e se anuncia a convocatoria para o ano 2015.

O artigo 3.1 das bases reguladoras dispón que as subvencións obxecto desta resolución se imputarán cun crédito de 1.333.333 € á aplicación orzamentaria 04 A2 761A 760.0, proxecto 2015 00014, cofinanciada nun 75 % con fondos Feader, nun 12,13 % con fondos do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e nun 12,87 % de fondos propios da comunidade autónoma, sen prexuízo de ulteriores variacións producidas como consecuencia da existencia dunha maior dispoñibilidade orzamentaria, de conformidade co disposto no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, o que poderá dar lugar á posibilidade de atender novas solicitudes que poderán significar a subvención oportuna, de acordo coa orde de incoación dos expedientes.

A incorporación de fondos adicionais na aplicación orzamentaria 04.A2.761A 760.0 procedentes da reasiganación de créditos do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2007-2013 (PDR), permiten a ampliación dos fondos inicialmente previstos, sendo, ademais, necesaria esta ampliación á vista das solicitudes de axuda presentadas.

Polo exposto e en virtude das facultades conferidas

RESOLVO:

Artigo único

Amplíase a dotación orzamentaria que se establece na Resolución do 6 de marzo de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a concellos para o fomento da accesibilidade e sinalización nos recursos turísticos no medio rural, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, e se anuncia a convocatoria para o ano 2015, nos seguintes importes e aplicación orzamentaria dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia:

Concepto orzamentario

Código do proxecto

Taxa cofinanciamento

Anualidade 2015

Total ampliación

04.A2.761A.760.0

2015 00014

Feader

75 %

500.0000

666.666,67 €

Fondos propios

12,87 %

85.800

Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente

12,13 %

80.866,67

Conforme o exposto, a dotación orzamentaria total para o financiamento desta resolución é a seguinte:

Concepto orzamentario

Código do proxecto

Taxa cofinaciamento

Anualidade 2015

Total ampliación

04.A2.761A.760.0

2015 00014

Feader

75 %

1.499.999,75

1.999.999,67 €

Fondos propios

12,87 %

257.399,96

Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente

12,13 %

242.599,96

Disposición adicional única

Esta modificación orzamentaria non afecta o prazo que se establece para a presentación de solicitudes de axuda na devandita Resolución do 6 de marzo de 2015.

Disposición derradeira

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante a Dirección da Axencia Turismo de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

b) Recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación da resolución.

Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2015

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia