Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Luns, 10 de agosto de 2015 Páx. 32866

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO de información pública (expediente 6/2014.PEDS).

Por Resolución da Alcaldía 1397/2015, do 15.7.2015, aprobouse inicialmente o expediente 6/2014.PEDS, tramitado por instancia de Susana Suárez Agrasar, de Plan especial de dotación de servizos no Monte das Arcas, A Xesteira, para o núcleo de recente creación NC das normas subsidiarias do concello de Arteixo, segundo proxecto técnico redactado pola arquitecta María Dolores Crespo Chouza.

En virtude do disposto polo artigo 86 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o expediente de referencia queda sometido a información pública polo prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza esta publicación no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito prazo as persoas interesadas poderán examinar o seu contido (no Departamento de Urbanismo do Concello de Arteixo, de luns a venres das 9.00 ás 14.00 horas, e nas dependencias do Rexistro Xeral, os sábados das 9.30 ás 13.30 horas), e presentar alegacións se o consideran oportuno.

Arteixo, 17 de xullo de 2015

P.D. (Decreto nº 1336, do 6.7.2015)
Luís Alberto Castro Calvete
Concelleiro do Departamento de Urbanismo e Medio Ambiente