Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Luns, 10 de agosto de 2015 Páx. 32863

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Fondo Galego de Garantía Agraria

RESOLUCIÓN do 20 de xullo de 2015 pola que se anuncia a contratación do acordo marco con varios empresarios para o servizo consistente na realización de traballos de control sobre o terreo de admisibilidade e condicionalidade en axudas directas da política agrícola común (PAC) e de desenvolvemento rural, baseadas en superficies, correspondentes á campaña 2015/16 (expediente PA1/2015).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga).

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría do Fogga; rúa dos Irmandiños s/n, Salgueiriños, 15781 Santiago de Compostela.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición do obxecto: traballos de control sobre o terreo de admisibilidade e condicionalidade en axudas directas da política agrícola común (PAC) e de desenvolvemento rural baseadas en superficies, correspondentes á campaña 2015/16 (expediente PA1/2015).

c) Lugares de execución: as provincias da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.

d) Período de vixencia: será de dous anos contados a partir do día seguinte ao da sinatura deste. Pódese prorrogar dous anos como máximo

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto, suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado do acordo marco: un millón novecentos setenta e dous mil setecentos noventa e nove euros con corenta e oito céntimos (1.972.799,48 €), IVE excluído.

5. División por lotes, estimación económica anual (IVE excluído).

Lote I: provincia de Lugo: 247.564,77 €.

Lote II: provincia da Coruña: 113.794,20 €.

Lote III: provincia de Ourense: 81.971,77 €.

Lote IV: provincia de Pontevedra: 49.869,13 €.

6. Criterios de adxudicación: segundo o establecido na epígrafe N da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

7. Garantía provisional: non se exixe.

8. Garantía definitiva: non se exixe.

9. Obtención da documentación e da información.

a) Entidade: Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga).

b) Domicilio: rúa dos Irmandiños, s/n, Salgueiriños.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 62 83.

e) Fax: 981 54 61 91.

f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23078

g) Data límite de obtención de documentos e información: ata as 14.00 horas do 26 de agosto de 2015.

10. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: ata as 14.00 horas do 26 de agosto de 2015

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será o Rexistro dos servizos centrais do Fogga (rúa dos Irmandiños, s/n, 15781 Santiago de Compostela), ou ben por correo dentro do prazo de admisión sinalado, conforme o disposto no artigo 80 do Regulamento xeral de contratación.

d) Modelo de presentación: o que figura como anexo ao prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo de obrigado mantemento da oferta: tres meses.

f) Variantes: non se admiten.

11. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: na sala de xuntas do Fondo Galego de Garantía Agraria; rúa dos Irmandiños, s/n, Salgueiriños, 15781 Santiago de Compostela.

b) Data: publicarase no perfil do contratante.

12. Data do envío do anuncio ao DOUE: 16 de xullo de 2015.

13. Gastos do anuncio: os gastos orixinados pola publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2015

Patricia Ulloa Alonso
Directora do Fondo Galego de Garantía Agraria