Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Luns, 10 de agosto de 2015 Páx. 32867

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Poio

ANUNCIO de aprobación inicial do convenio urbanístico de xestión e planeamento.

O Pleno desta corporación municipal, na sesión realizada o día 28 de abril de 2015, adoptou o Acordo núm. 4104 polo que se aproba inicialmente o convenio urbanístico de xestión e planeamento entre o Concello de Poio e Raúl Torres Soto e Cándida Aboal Esperón para a execución da obra de humanización da rúa Gonzalo Fernández de la Mora y Mon, e de conformidade co disposto no artigo 237 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese o expediente do dito convenio ao trámite de información pública durante o prazo de vinte días, contados a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito prazo pódese examinar o expediente na casa do concello-Oficina de Urbanismo, das 8.00 ás 14.30 horas, e presentar as alegacións ou reclamacións que se consideren oportunas.

Poio, 3 de xuño de 2015

Luciano Sobral Fernández
Alcalde