Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Xoves, 6 de agosto de 2015 Páx. 32437

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (832/2011).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 832/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Creo Varela contra Reale Seguros Generales, S.A. e Fernando Pérez Rodríguez, sobre ordinario, ditouse sentenza número 382, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal:

«Sentenza

En Santiago de Compostela o 26 de setembro de 2014

Susana Villarino Moure, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos número 832/2011, promovidos ante este xulgado do social sobre mellora social complementaria, por instancia de José Creo Varela, asistido pola letrada Marisol Romero Salgado contra a entidade Reale Seguros Generales, S.A., representada polo procurador Victorino Regueiro Muños e asistido pola letrada Marta Arnejo Grille, e contra a empresa Fernando Pérez Rodríguez, que comparece por si mesmo, ditou a presente sentenza.

(…)

Decido que debo estimar e estimo a demanda presentada por José Creo Varela contra Reale Seguros Generales, S.A. e a empresa Fernando Pérez Rodríguez e, en consecuencia, condeno a entidade aseguradora ao aboamento de 13.000 euros máis os xuros moratorios do artigo 20 da Lei de contrato de seguro computados desde o 29 de marzo de 2011 e á empresa codemandada ao aboamento de 13.000 euros incrementados cos xuros dos artigos 1108 e seguintes do Código civil desde o 28 de xuño de 2011.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela poden interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza»

E para que sirva de notificación en legal forma a Fernando Pérez Rodríguez, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa publicación no taboleiro do xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2015

A secretaria xudicial