Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Mércores, 5 de agosto de 2015 Páx. 32269

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (857/2013).

Eu, María del Carmen Vázquez Rodríguez, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela, por este edicto, anuncio:

Neste procedemento ordinario 857/2013 seguido por instancia de José Agustín Pereira Fernández contra Celtgas, S.L., Herculina de Gas «Hergas, S.L.», Gas Galicia SDG, S.A., se ditou sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza nº 67/2015.

Xuízo ordinario 857/2013.

Maxistrada xuíza: María Jesús Sánchez Carbajales.

Demandante: José Agustín Pereira Fernández.

Avogada: Sra. Romero Silva.

Procuradora: Sra. Vieites León.

Demandada 1: Gas Galicia SDG, S.A.

Avogado: Sr. Rodríguez-Vila García.

Procuradora: Sra. Goimil Martínez.

Demandada 2: Herculina de Gas, S.L. (en rebeldía).

Demandada 3: Celtgas, S.L.

Avogada: Sra. Pérez Fernández.

Procuradora: Sra. Estévez Santoro.

Obxecto: reclamación de cantidade.

En Santiago de Compostela, 23 de maio de 2015.

Antecedentes de feito:

Primeiro. O 19 de diciembre de 2013, a procuradora Mónica Vieites León, en nome e representación de José Agustín Pereira Fernández, presentou ante o xulgado decano demanda de xuízo ordinario que por quenda correspondeu a este xulgado, contra Gas Galicia SDG, S.A., Herculina de Gas, S.L. e Celtgas, S.L., na cal, tras alegar os feitos e fundamentos que considera de aplicación, termina solicitando que se dite sentenza pola que se condene os demandados a indemnizar solidariamente o demandante nos custos de reparación ou substitución da defectuosa instalación de calefacción e auga quente a gas contratada coas demandadas para o edifico da rúa Castelao, nº 19, de Vilagarcía de Arousa, e que ascendeu á cantidade total de 24.998 euros ou, de forma subsidiaria, a indemnizar nos custos da instalación que o demandante tivo que lles aboar ás demandadas pola execución que resultou inservible e defectuosa máis os custos de cada unha das reparacións que o demandante tivo que aboar por fallos en caldeiras, calefacción e auga quente, desde a posta en marcha da instalación en decembro do ano 2000 ata a súa substitución no ano 2008. Todo isto cos xuros legais correspondentes e a expresa imposición de custas aos demandados.

Resolvo estimo integramente a demanda presentada por José Agustín Pereira Fernández contra Gas Galicia SDG, S.A., Herculina de Gas «Hergas», S.L. e Celtgas, S.L. e, en consecuencia, condeno as indicadas empresas a lle aboar solidariamente ao demandante a suma de 24.998 euros, incrementada cos xuros legais devindicados desde a data de presentación da demanda ata o seu completo pagamento ao demandante, con aplicación do artigo 576 da Lei de axuizamento civil desde a data da sentenza. Todo isto con imposición de custas ás demandadas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes coa indicación de que esta non é firme e que de contra ela se poderá interpor recurso de apelación, ante la Sala de lo Civil de a Audiencia Provincial, recurso que se deberá presentar neste xulgado no prazo de vinte días desde a súa notificación.

Por exixilo así a disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, a interposición de recurso contra a anterior resolución exixe a constitución dun depósito de 50 €.

O depósito da expresada suma deberase acreditar ao interpor o recurso, a cuxo escrito se xuntará copia do xustificante ou da orde de ingreso, requisito sen o cal non será admitido a trámite. Están exceptuadas da obriga de constituír o depósito as partes que teñan recoñecido o dereito de asistencia xurídica gratuíta.

Expídase testemuño desta resolución para a súa unión aos autos principais e lévese o orixinal ao libro de sentenzas deste xulgado.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo mándoo e asínoo. María Jesús Sánchez Carbajales, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela.

Publicación. No mesmo día, en audiencia pública, foi lida e publicada a anterior sentenza pola xuíza que a ditou. Dou fe.

Encontrándose a dita demandada, Herculina de Gas «Hergas, S.L.», en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2015

A secretaria xudicial