Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Mércores, 5 de agosto de 2015 Páx. 32272

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (598/2014).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 598/2014 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de Estrela Ois Mella contra Mianka Tintorerías, S.L., Fogasa, sobre despedimento, se ditou resolución con data do 15 de xullo de 2015 contra a que se pode interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días, facéndolles saber que no devandito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

E para que sirva de notificación en legal forma a Mianka Tintorerías, S.L., expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 17 de xullo de 2015

A secretaria xudicial