Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Mércores, 5 de agosto de 2015 Páx. 32284

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Cerceda (expediente IN407A 2015/174-1).

Expediente: IN407A 2015/174-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: recuamento LMT, CT e RBT Campo do Roxo.

Concello: Cerceda.

Características técnicas:

Liña de media tensión subterránea a 20 kV de 0,208 km de lonxitude con orixe no apoio aerosubterráneo que se vai realizar no apoio proxectado nº 50-5 para intercalar na LMT MEI 826 no tramo comprendido entre a derivada aos CT Fins (expte. 31295), Tresmontes (expte. 31295) e Campo Roxo (expte. 52837), en condutor RHZ-2OL-12/20 kV, 3 (1×240 Al), e final no paso subterráneo a aéreo que se vai realizar no apoio nº 50-6 proxectado que substitúe o existente da LMT MEI 826 no mesmo tramo, despois de realizar entrada e saída non novo centro de transformación Campo do Roxo proxectado.

Novo centro de transformación de tipo convencional fragmentado 2L+1P con potencia de 160 kVA e relación de transformación de 20,000/400 V (que substitúe o CT intemperie).

Retensado dos vans dos condutores existentes LA-30 nos apoios proxectados 50-5 e 50-6 nos cales se instalarán pararraios autoválvulas.

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 14 de xullo de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña