Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Mércores, 5 de agosto de 2015 Páx. 32286

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Fene (expediente IN407A 2015/178-1).

Número de expediente: IN407A 2015/178-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: recuamento LMT VDC-704 a CT Madalum.

Concello: Fene.

Características técnicas:

– Liña eléctrica de media tensión subterránea a 15 kV, cunha lonxitude de 0,040 km, coa orixe no paso aéreo a subterráneo que se vai realizar en apoio proxectado nº 25/5 tipo C-18/3,000 que substitúe o existente da LMT VDC-704 (expediente 22276), no tramo da derivada ao CT Madalum, en condutor RHZ1-OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, e final no paso aerosubterráneo que se vai realizar na fachada da caseta do CT Madalum.

– Retensado dos condutores existentes da liña eléctrica aérea LMT VDC-704 a 15 kV, no tramo da derivada ao CT Madalum, nunha lonxitude de 0,138 km entre os apoios nº 24/4 existente e o proxectado nº 24/5 que substitúe o existente.

– Retirada do tramo de liña aérea LMT VDC-704 ente o apoio nº 24/5 e o CT Madalum.

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 14 de xullo de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña