Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Martes, 4 de agosto de 2015 Páx. 32165

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1340/2015).

Eu, María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 1340/2015-BB seguido por instancia de Alberto Fernández Costas contra Fogasa, Digital Gráficas Equipamientos y Consumibles de Oficina, Faster Print, S.L., Gallega de Mecanización Sal Gamesal Sal sobre despedimento disciplinario, se ditou con data do 8 de xullo de 2015 a seguinte resolución que copiada nos particulares necesarios di así:

«Decidimos: que desestimando o recurso de suplicación interposto pola letrada Cristina Pesqueira García, actuando en nome e representación de Alberto Fernández Costas contra a sentenza con data do nove de xuño de dous mil catorce, ditada polo Xulgado do Social número 3 de Vigo, en autos 823/2013, seguidos por instancia da parte recorrente contra Digital Gráficas Equipamientos y Consumibles de Oficina, S.L., Gallega de Mecanizados S.A.L., Faster Print, S.L. e o Fogasa, debemos confirmar e confirmamos na súa integridade os pronunciamentos contidos na sentenza de instancia.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida do catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG, co fin de que sirva de notificación en legal forma a Gallega de Mecanización Sal Gamesal Sal, en ignorado paradoiro. Coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que sexan autos ou sentenzas ou se trate de emprazamentos, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 13 de xullo de 2015

A secretaria xudicial