Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Martes, 4 de agosto de 2015 Páx. 32163

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 2056/2014-CG).

Eu, María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 2056/2014, seguido por instancia de Jesús Manuel Acuña Domínguez contra Consycar, S.L., Seguros Catalana Occidente, S.A., de Seguros y Reaseguros, Mapfre Familiar, S.A., Nationale Nederlanden Generales Compañía de Seguros y Reaseguros, S.A., Granitos Fernández Fernández, S.L., Granitos de Vigo, S.L., sobre outros dereitos de Seguridade Social, se ditou a seguinte resolución:

Decidimos: desestimando o recurso de suplicación articulado por Jesús Manuel Acuña Domínguez contra a sentenza do Xulgado do Social número 4 de Vigo, con data do 3 de marzo de 2014, en autos nº 195/2013, instados polo aquí recorrente fronte ás empresas Consycar, S.L., Granitos Fernández y Fernández, S.L., Seguros Catalana Occidente; Mapfre Seguros, Nationale Nederlanden y Granitos de Vigo, S.L. sobre reclamación de cantidade, confirmamos a resolución de instancia.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida do catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, deberá emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG, co fin de que sirva de notificación en forma a Granitos de Vigo, S.L. actualmente en ignorado paradoiro, con último domicilio coñecido na estrada de Baiona, 44, Vigo, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que sexan autos ou sentenzas ou se trate de localización, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 10 de xullo de 2015

A secretaria xudicial