Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Martes, 4 de agosto de 2015 Páx. 32188

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 20 de xullo de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo correspondente ao servizo para o desenvolvemento de accións orientadas á mellora da empregabilidade e á promoción das profesionais galegas, potenciando o liderado feminino no ámbito profesional-Programa Executiva (expediente 108/2014).

En cumprimento do artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do acordo marco e dos contratos que se relacionan a continuación:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 108/2014.

d) Enderezo na internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo consistente no desenvolvemento de accións orientadas á mellora da empregabilidade e á promoción das profesionais galegas, potenciando o liderado feminino no ámbito profesional.

c) CPV: 80500000-9 Servizos de formación.

d) Tipo de fondo: as actividades obxecto desta contratación poderán estar cofinanciadas polo Fondo Social Europeo e pola Administración do Estado, dentro do programa operativo Adaptabilidade e Emprego 2007ESOUPO001 período de programación 2007-2013.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia (DOG).

f) Data de publicación do anuncio de licitación: 11 de decembro de 2014.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado: cento dezasete mil oitocentos sesenta e seis euros (117.866,00 €) dado que non se prevé prórroga nin modificacións do contrato.

5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 19 de xuño de 2015.

b) Data de formalización do contrato: 3 de xullo de 2015.

c) Contratista: Sararte, S.L. Unipersonal e Libredón Atlántico, S.L. Unión temporal de empresas Lei 18/1982, número 1.

d) Nacionalidade: española.

e) Importe de adxudicación: oitenta e dous mil cincocentos seis euros (82.506,00 €) máis dezasete mil trescentos vinte e seis euros con vinte e seis céntimos de euro (17.326,26 €) correspondente ao 21 % de IVE, o que suma un importe total de noventa e nove mil oitocentos trinta e dous euros con vinte e seis céntimos de euro (99.832,26 €).

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2015

María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar