Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Martes, 4 de agosto de 2015 Páx. 32186

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello da Coruña (expediente IN407A 2015/220-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Zara España, S.A.

Domicilio social: avenida da Deputación, s/n, Edif. Inditex, 15142 Arteixo.

Denominación: LMTS, CS e CT de 800 kVA para edificio uso comercial.

Situación: rúa Compostela, 3-5, A Coruña.

Características técnicas: liña de media tensión soterrada, co inicio na liña de compañía co matrícula EPU710 nas proximidades ao centro de secionamento, de compañía, con matrícula 15CTA0, condutor RHZ1 2OL, 12/20 kV 3×(1×240 mm2), Al, lonxitude 15+15 m (entrada e saída), e remate no centro de secionamento proxectado.

Centro de secionamento de tipo interior. Celas prefabricadas de entrada, saída e derivación con interruptores-secionadores (24 kV, 400 A, 16 kV).

Liña de media tensión soterrada, co inicio no centro de secionamento, condutor RHZ1 2OL, 12/20 kV 3×(1×95 mm2), Al, lonxitude 2 m, e remate no centro de transformación proxectado.

Centro de transformación de tipo interior anexo ao CS co celas prefabricadas de secionamento, proteción e medida (24 kV, 400 A, 16 kV) e transformador de 800 kVA, relación 15 kV/420 V, refrixeración natural seco.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e/ou presentar as súas alegacións neste xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 1º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ao da publicación, artigos 48 e 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Coruña, 27 de xullo de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña