Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Martes, 4 de agosto de 2015 Páx. 32184

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello da Pobra de Trives (expediente IN407A 2015/50-3).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, nº 2, Velle, 32960 Ourense.

Denominación: LMT, CT e RBT praza Dr. Bermúdez.

Situación: A Pobra de Trives.

Características técnicas:

LMT subterránea a 20 kV de 156 m, con condutor RHZ1, e con orixe na LMT existente TRI802-Trives, 2; LMTS ao CT S. Martín e remate na LMTS ao CT San Roque con entrada e saída no CT proxectado prefabricado subterráneo manobra exterior, praza Dr. Bermúdez de 630 kVA e R/T 20.000/400-230 V.

RBT aerosubterránea de 107 m en aéreo con condutor RZ e 623 m en subterráneo con condutor XZ1 derivada do CT proxectado.

Orzamento: 159.356,57 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1-4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 10 de xullo de 2015

P.S.L. (Decreto 110/2013, do 4 de xullo)
María D. Pérez Ayuso
Xefa do Servizo de Enerxía e Minas