Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Martes, 4 de agosto de 2015 Páx. 32182

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 30 de xuño de 2015, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización ambiental integrada e o estudo de impacto ambiental, para unha ampliación de explotación avícola de produción de carne que Finca Agruñeiras, S.C. posúe en Condes, concello de Friol (Lugo) (clave 2015-IPPC-I-25).

Para os efectos previstos na Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE nº 157, do 2 de xullo) e na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE nº 296, do 11 de decembro), faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposta a seguinte documentación:

– Proxecto básico e estudo de impacto ambiental para solicitar a autorización ambiental integrada dunha ampliación de explotación avícola.

Finca Agruñeiras, S.C.

Condes, Friol (Lugo).

Co fin de que calquera interesado poida consultala e, se é o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes. Os citados documentos estarán a disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

– Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental-Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (r/ San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

Ademais poderán consultalos na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (http://www.cmati.xunta.es/>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada>>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2015

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

ANEXO I
Memoria resumo

Clave do expediente: 2015-IPPC-I-25.

Peticionario: Finca Agruñeiras, S.C.

Domicilio social: lugar Agruñeiras, Condes, s/n, 27235 Friol (Lugo).

Localización da instalación: lugar Agruñeiras, Condes, s/n, 27235 Friol (Lugo). Un punto de localización das instalacións é o definido polas coordenadas UTM (ETRS89): X: 596.848, Y: 4.761.050.

Actividade: explotación avícola de produción de carne.

Descrición do proceso: trátase dunha explotación avícola de produción de carne existente, formada por dúas naves con capacidade para 80.074 polos por ciclo produtivo (6 ciclos/ano) e unha esterqueira, a cal se ampliará mediante a construción dunha nave con capacidade para 69.498 polos de engorda, unha esterqueira anexa á existente e un local para oficinas, aseo/vestiarios e almacén de residuos.

O ciclo de produción empeza coa chegada á explotación dos poliños dun día de idade procedentes das salas de incubación externas e remata cando os animais saen con destino ao matadoiro con 2,5 kg de peso vivo. Cada ciclo de ceba ten unha duración de 45-50 días, producíndose 6 ciclos de engorda ao ano. Tras cada ciclo procédese á retirada da galiñaza e desinfección de naves.

A explotación avícola comparte lugar cunha explotación de vacún leiteiro composta dunha nave para albergar os animais, anexos, fosa de xurro e silos de forraxe e cunha vivenda con garaxe.

Verteduras: para o tratamento das augas residuais fecais do novo aseo disporase dunha fosa séptica composta por unha arqueta sinfónica, un colector de entrada, unha fosa de decantación-dixestión, filtro biolóxico e saída a unha fosa estanca de augas sucias, polo que non existirá vertedura nin infiltración ao terreo. O aseo da vivenda anexa á explotación avícola xa dispón deste sistema con fosa-filtro e saída canalizada á fosa de xurros da explotación de vacún existente no mesmo lugar.

A auga de limpeza das naves canalizarase á mesma fosa estanca de augas sucias. As augas pluviais non se canalizan verténdose directamente ao medio.