Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Martes, 4 de agosto de 2015 Páx. 32190

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 14 de xullo de 2015 pola que se autorizan as transmisións inter vivos das concesións das bateas Marpesa XVIII e Marpesa XXVIII.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión dos viveiros Marpesa XVIII e Marpesa XXVIII e das concesións administrativas que os amparan, resulta:

a) Antecedentes de feito:

Primeiro. Mediante escrito con data do 3 de xuño de 2015, Organización de Productores de Mejillón de Galicia (OPMEGA) (G36041234) solicitou autorización para as transmisións das concesións dos viveiros Marpesa XVIII e Marpesa XXVIII.

Segundo. Os informes do Servizo de Protección dos Recursos sobre as características do viveiro e do Servizo Técnico Xurídico sobre a tramitación do expediente son favorables.

b) Fundamentos xurídicos:

Primeiro. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, e coa Lei 6/2009, do 11 de decembro, que a modifica, e coa Resolución do 12 de abril de 2012, de delegación de sinatura en materia de acuicultura nos titulares das xefaturas de Coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar.

Segundo. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, pola que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999, pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servizo de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar as transmisións inter vivos, a favor de Ver_PDF (Ver_PDF), Ver_PDF (Ver_PDF), Ver_PDF (Ver_PDF), José Manuel Antepazo Paredes (35304300J) e Ver_PDF (Ver_PDF) que forman a Comunidade de Bens Mar de Bayona, C.B. (E94121407), das concesións que se indican a continuación:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Marpesa XVIII.

Localización:

Cuadrícula nº: 6.

Polígono: A.

Distrito: Baiona (Pontevedra).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: OM 6.10.1953 (BOE nº 345).

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actuais titulares: Organización de Productores de Mejillón de Galicia (OPMEGA) (G36041234).

Novos titulares: Ver_PDF (Ver_PDF), Ver_PDF (Ver_PDF), Ver_PDF (Ver_PDF), José Manuel Antepazo Paredes (35304300J) e Ver_PDF (Ver_PDF) que forman a Comunidade de Bens Mar de Bayona, C.B. (E94121407).

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Marpesa XXVIII.

Localización:

Cuadrícula nº: 11.

Polígono: A.

Distrito: Baiona (Pontevedra).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: OM 18.9.1964 (BOE nº 236).

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actuais titulares: Organización de Productores de Mejillón de Galicia (OPMEGA) (G36041234).

Novos titulares: Ver_PDF (Ver_PDF), Ver_PDF (Ver_PDF), Ver_PDF (Ver_PDF), José Manuel Antepazo Paredes (35304300J) e Ver_PDF (Ver_PDF) que forman a Comunidade de Bens Mar de Bayona, C.B. (E94121407).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. Os actuais titulares deberán presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter achegado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira. Os novos titulares das concesións quedan subrogados nos dereitos e obrigas do anterior, desde o momento de formalización da compra-venda en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Medio Rural e do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 14 de xullo de 2015

Por delegación de sinatura (Resolución de 12.4.2012)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa de Coordinación da Área do Mar en Vigo