Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Luns, 3 de agosto de 2015 Páx. 32073

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (173/2015).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 173/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Jesús Fandiño López contra Grafinova, S.A. e Fondo de Garantía Salarial sobre despedimento, se ditaron as seguintes resolucións que por imperativo legal deben notificarse simultaneamente á executada:

Auto.

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2015.

Antecedentes de feito.

Primeiro. Manuel Jesús Fandiño López solicitou a execución da sentenza número 555/2014, do 12 de decembro, ditada por este órgano xudicial no procedemento DOI 363/2014 fronte a Grafinova, S.A. e Fondo de Garantía Salarial.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. O exercicio da potestade xurisdicional para xulgar e facer executar o xulgado corresponde exclusivamente aos xulgados e tribunais determinados nas leis e nos tratados internacionais (artigo 117 da CE e 2 da LOPX).

O artigo 237.2 da LXS establece que a execución de sentenzas firmes a levará a cabo o órgano xudicial que coñecese do asunto en instancia, polo que corresponde a este Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela o despacho da execución deste título xudicial.

Segundo. A execución iniciarase por instancia de parte e, unha vez iniciada, tramitarase de oficio e para o efecto ditaranse as resolucións necesarias (artigo 239 da LXS).

Terceiro. Transcorrido o termo establecido no artigo 279 da LXS, sen que conste que a empresa demandada readmitise o traballador no prazo e nas condicións legalmente previstas, corresponde, de conformidade co establecido no artigo 280 da LXS, despachar execución do resolto en sentenza e que a secretaria xudicial sinale comparecencia.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva.

Dispoño:

– Despachar orde xeral de execución do título indicado a favor do executante Manuel Jesús Fandiño López fronte a Grafinova, S.A. e Fondo de Garantía Salarial, parte executada.

– De conformidade co disposto no artigo 280 da LXS e conforme o solicitado na demanda executiva, a secretaria xudicial sinalará data para a vista do incidente.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei de xurisdición social, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición que se deberá interpor no prazo dos tres (3) días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da/das infracción/s cometida/s na resolución, cumprimento ou incumprimento de presupostos e requisitos procesuais exixidos e/ou oposición á execución despachada nos termos previstos no artigo 239.4 da Lei reguladora da xurisdición social, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A maxistrada xuíza A secretaria xudicial

Dilixencia de ordenación.

Secretaria xudicial: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2015.

Tendo presentado o traballador Manuel Jesús Fandiño López solicitude da extinción da relación laboral que o vincula co empresario Grafinova, S.A., e despachado auto de execución de título xudicial, de conformidade co artigo 280 da LXS, acordo:

– Citar de comparecencia as partes e o Fondo de Garantía Salarial coas advertencias legais e facéndolles saber que deben asistir cos medios de proba de que se intenten valer, e fixo o próximo día 10 de setembro de 2015, ás 13.30 horas, para a comparecencia.

De non asistir o traballador ou persoa que o represente, considerarase que desiste na súa solicitude; se non o fai o empresario ou o seu representante, realizarase o acto sen a súa presenza.

– Así mesmo, acordo a citación da demandada Grafinova, S.A. por medio de edictos, tendo en conta de que está en ignorado paradoiro.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei de xurisdición social, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición que se deberá interpor ante quen dita esta resolución, no prazo dos tres (3) días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción que contén a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A secretaria xudicial

E para que sirva de notificación e citación en legal forma a Grafinova, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2015

A secretaria xudicial