Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Xoves, 30 de xullo de 2015 Páx. 31870

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 10 de xullo de 2015 pola que se notifica a denegación da apertura do período de proba do expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/211/2014-RP1, devolta polo servizo de Correos por resultar o seu destinatario ausente na repartición.

A instrutora do expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/211/2014-RP1 ditou, o 22 de xuño de 2015, acordo polo que se notifica a denegación da apertura de período de proba no expediente de reposición da legalidade urbanística mencionado, incoado polas obras realizadas en solo rústico, sen autorización urbanística autonómica, consistentes na instalación a) dunha edificación de planta baixa e forma rectangular con cuberta a unha auga, con fachadas de táboas de madeira, con dúas portas de madeira e fiestras do mesmo material con cortinas decorativas interiores; b) dunha estrutura cuberta de madeira de planta baixa e forma sensiblemente cadrada, con cuberta a catro augas de lousa e con mesa e bancos de madeira; c) doutra estrutura de madeira de planta baixa e cuberta a unha auga situada ao carón do cerramento, e na construción a) dun solado de pedra; b) dunha soleira pavimentada para aparcadoiro de vehículos, situadas no lugar do Regueiro, parroquia de Ombreiro, no termo municipal de Lugo, provincia de Lugo.

Ao non poderse realizar a notificación persoal deste acordo a Delio Cabado Viña, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado o dito acordo por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica encóntrase ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2015

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística