Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Xoves, 30 de xullo de 2015 Páx. 31871

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 10 de xullo de 2015 pola que se notifica o acordo de incoación do expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/134/2015-RP1, devolto polo servizo de Correos por non se faceren cargo os seus destinatarios na repartición.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 3 de xuño de 2015, incoar o expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/134/2015-RP1, en relación coas obras realizadas en solo rústico, sen a preceptiva autorización urbanística autonómica, consistentes na ampliación dunha nave preexistente, usada como almacén de útiles, materiais e vehículos relacionados coa actividade de construción, polo seu vento norte-leste, mediante a construción dunha nave diáfana, acaroada á anterior, executada con estrutura metálica e cuberta a unha auga de chapa metálica e usada para almacenamento de materiais de construción e o depósito de materiais de construción na parcela, situadas no lugar de Sartego, na parroquia de Muxa, no termo municipal de Lugo, provincia de Lugo.

Ao non poderse realizar a notificación persoal do acordo ao Monte Veciñal de Santa María de Muxa, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselles aos interesados o dito acordo por medio dun anuncio publicado no Bolelín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselles aos interesados que o texto íntegro do acordo que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Os interesados dispoñen dun prazo de quince (15) días, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, para presentaren as alegacións, documentos ou informacións que consideren pertinentes e, se é o caso, proporen proba concretando os medios de que pretendan valerse.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2015

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística