Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Xoves, 30 de xullo de 2015 Páx. 31824

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (700/2014).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 700/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Lucas Méndez Fernández contra Coruñesa de Ahorro Energético, S.L.U., Ensinor Sistema, S.L.U., Galega de Técnicas e Investimentos, S.L., Manuel Lombardía Rodríguez, Manuel Vázquez Cabo, Pocomaco Inversiones, S.A.U., Ramón Juega Cuesta, Sotegal de Enerxía, Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), sobre despedimento, se ditou sentenza nº 157 cuxo encabezamento e resolución son do teor literal:

Sentenza.

En Santiago de Compostela, 11 de maio de 2015.

Vistos por Carolina Nores Díaz, maxistrada xuíza en comisión de servizo do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela e o seu partido, estes autos de xuízo 700/2014 seguidos por instancia de Lucas Méndez Fernández, asistido polo letrado Sr. Blanco Lobeiras contra as entidades Coruñesa de Ahorro Energético, S.L.U. (en diante CAE), Ensinor Sistema, S.L.U., que comparecen asistidas e representadas polo letrado Sr. Martín López, contra a administración concursal da entidade Coruñesa de Ahorro Energético, S.L.U.(o administrador concursal é o Sr. Juega Cuesta e comparece a súa representación procesual, a letrada Sra. Román Capelán), e contra as entidades Pocomaco Inversiones, S.A.U., Galega de Técnicas e Investimentos, S.L., Sotegal Enerxía, S.L., que non comparecen neste acto, contra Manuel Vázquez Cabo e Manuel Lombardía Rodríguez, que non comparecen neste acto e con intervención do Fogasa que non comparece neste acto, sobre despedimento obxectivo individual.

Resolvo estimo a demanda sobre despedimento formulada por instancia de Lucas Méndez Fernández, asistido polo letrado Sr. Blanco Lobeiras contra as entidades Coruñesa de Ahorro Energético, S.L.U. (en diante CAE), Ensinor Sistema, S.L.U., que comparecen asistidas e representadas polo letrado Sr. Martín López, contra a administración concursal da entidade Coruñesa de Ahorro Energético, S.L.U. (o administrador concursal é o Sr. Juega Cuesta e comparece a súa representación procesual, a letrada Sra. Román Capelán), e contra as entidades Pocomaco Inversiones, S.A.U., Galega de Técnicas e Investimentos, S.L., Sotegal Enerxía, S.L., que non comparecen neste acto, contra Manuel Vázquez Cabo e Manuel Lombardía Rodríguez, que non comparecen neste acto, e con intervención do Fogasa, que non comparece neste acto, sobre despedimento obxectivo individual, e, en consecuencia:

– Declaro a improcedencia do despedimento, efectuado con efectos do día 31.7.2014.

– Condeno os demandados solidariamente a que readmitan inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, con aboamento dos salarios de tramitación (calculados a razón de 72,90 €/día) ou ben, á elección do traballador, á extinción da relación laboral con aboamento da cantidade de 42.099,75 euros en concepto de indemnización, con aboamento dos salarios de tramitación (calculados a razón de 72,90 €/día).

A dita opción deberaa exercer o traballador, dada a súa condición de delegado de persoal, en cinco (5) días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o dito prazo sen que optase, se entenderase que procede a readmisión.

– Non procede condenar nesta instancia o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade nos termos do artigo 33 do Estatuto dos traballadores (ET).

Notifíqueselles ás partes esta resolución e fágaselles saber que contra ela poderán interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregaráselle ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Para que lles sirva de notificación en legal forma a Pocomaco Inversiones, S.A.U. e a Manuel Lombardía Rodríguez, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro do xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2015

A secretaria xudicial