Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Xoves, 30 de xullo de 2015 Páx. 31837

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 9 de agosto de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Val do Dubra (expediente IN407A 2011/254-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Central Eléctrica Industrial, S.L.

Domicilio social: lugar de Cernadas, s/n, Portomouro, 15781 Val do Dubra (A Coruña).

Denominación: LMT subterránea a 20 kV DC centro seccionamento e transformación 630 kVA en Portal.

Situación: Val do Dubra.

Características técnicas:

Liña de media tensión soterrada (LMTS) a 20 kV, cunha lonxitude de 0,939 km, con condutor tipo RHZ1-2 OL-12/20 kV 3(1×240) mm2 Al, con orixe no paso aerosubterráneo que se vai instalar en apoio metálico AC-500 na liña de media tensión aérea a 20 kV desde O Mercuto a Ponte Vilariño no tramo Pé de Boi a Ponte Vilariño (expediente 52.089) propiedade do solicitante, e final no centro de seccionamento e transformación en Portal do Agro.

Liña de media tensión soterrada (LMTS) a 20 kV, cunha lonxitude de 0,729 km, con condutor tipo RHZ1-2 OL-12/20 kV 3(1×240) mm2 Al, compartindo canalización coa anteriormente citada liña soterrada, con orixe en arqueta situada a 2 m do paso aerosubterráneo que se vai instalar en apoio de formigón existente HV-630-R13 CR1 CA existente na LMTA 20 kV nas proximidades do CTA Cernadas e final no centro de seccionamento e transformación en Portal do Agro.

Centro de seccionamento e transformación en edificio prefabricado en Portal do Agro, onde chegan as citadas liñas soterradas e cun transformador de potencia de 630 kVA e unha relación de transformación 20.000/400-230 V, quedando prediseñado para 2×630 kVA.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 9 de agosto de 2012

Por ausencia (Artigo 39.3 do Decreto 324/2009; DOG nº 117, do 17 de xuño)
Isidoro Martínez Arca
Xefe de Servizo de Administración Industrial