De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido, e non sendo posible a súa práctica, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.
A comparecencia deberá efectuarse nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria na Coruña; Edificio Administrativo Monelos, 1º andar (Servizo de Administración Industrial), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento.
A Coruña, 15 de xullo de 2015
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: SAI IN 635C 2015/75-1.
Interesado: Adrián Carballal Crego.
CIF: 44843294X.
Acto notificado: acordo de inicio de expediente sancionador.