Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Xoves, 30 de xullo de 2015 Páx. 31835

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 13 de xullo de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente en materia de residuos CO-RES-2015-0125.

De conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia segundo o disposto no artigo 61.

O acto foi adoptado polo xefe territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas na Coruña.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, sita no Edificio Administrativo Monelos, Vicente Ferrer, 2, 5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 13 de xullo de 2015

José Antonio Álvarez Vidal
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: CO-RES-2015-0125.

Interesados: Eva del Valle Rodríguez Díaz e José María Rieiro Gerpe.

Acto notificado: acordo de iniciación do expediente sancionador.