Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Mércores, 29 de xullo de 2015 Páx. 31664

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 10 de xullo de 2015, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente DX-00131-I-2014 e outro máis).

A persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade ditou a resolución dos expedientes sancionadores número DX-00131-I-2014 e outro máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Infórmaselles que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, situadas na praza de Europa, 5 A, 2º, Santiago de Compostela.

Comunicáselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

As sancións impostas foron aboadas anticipadamente cunha redución do seu importe conforme o previsto no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2015

Mercedes López Caneda
Subdirectora xeral de Inspección do Transporte

anexo

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

DX-00131-I-2014

M-8271-JY

Axente de inspección DX/014

Gran Taller, S.L.

B15030018

O Valado, 37

15680 Ordes (A Coruña)

O exceso igual ou superior ao 20 por cento sobre a MMA total en vehículos con MMA superior a 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 30 %.

17.9.2014; 10.07.41; N-634; 709

Art. 140.23 LOTT

Art. 143.1.h) LOTT

4.000 euros

LU-01925-O-2014

5440-HGX

Garda Civil 2702 U89694K

Cooptramports Sdad. Coop. Vcia.

F98289010

Archiduque Carlos, 70, baixo B

46014 Valencia

A instalación ou presenza de calquera clase de elementos mecánicos, electrónicos ou doutra natureza coa finalidade de alterar o funcionamento do tacógrafo ou modificar as súas medicións, aínda que non se atopen en funcionamento no momento de realizarse a inspección.

27.6.2014; 7.50; A-6; 461,0

Art. 140.10 LOTT

Art. 143.1.i) LOTT

4.001 euros