Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Mércores, 29 de xullo de 2015 Páx. 31666

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 10 de xullo de 2015, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente LU-00010-O-2015 e dous máis).

A persoa titular da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte ditou a resolución dos expedientes sancionadores LU-00010-O-2015 e dous máis por infracción da normativa sobre transportes terrestres.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanselles as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Son informadas de que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, situadas na praza de Europa, 5 A, 2º, Santiago de Compostela.

Comunicáselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada, ante a persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

As sancións impostas foron aboadas anticipadamente cunha redución do seu importe conforme o previsto no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2015

Mercedes López Caneda
Subdirectora xeral de Inspección do Transporte

anexo

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

LU-00010-O-2015

8128-DMS

Garda Civil 2702 U89694K

Pedro Ruibal Costa

35477176K

Joaquín Potel, 8, 2º, 4

36650 Caldas de Reis (Pontevedra)

Diminución do descanso diario, en condución en equipo, en máis de 1 hora (sobre 9 horas nun período de 30 horas). Igual ou superior a 7 horas e inferior a 8 horas.

23.12.2014; 10.40; LU-546; 0,0

Art. 141.24.4 LOTT

Art. 143.1.d) LOTT

401 euros

LU-00011-O-2015

8128-DMS

Garda Civil 2702 U89694K

Pedro Ruibal Costa

35477176K

Joaquín Potel, 8, 2º, 4

36650 Caldas de Reis (Pontevedra)

Diminución do descanso diario, en condución en equipo, en máis de 1 hora (sobre 9 horas nun período de 30 horas). Igual ou superior a 7 horas e inferior a 8 horas.

23.12.2014; 10.40; LU-546; 0,0

Art. 141.24.4 LOTT

Art. 143.1.d) LOTT

401 euros

PO-02459-O-2014

8735-DTY

Garda Civil 3603 U36333E

Autojocs, S.L.

B96828199

Bergazos, nº 36

36512 Lalín (Pontevedra)

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

17.6.2014; 9.34; A-55; 9,3

Art. 141.25 en relación co art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) en relación coa letra f) LOTT

801 euros