Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 28 de xullo de 2015 Páx. 31457

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Cangas (expediente IN407A 2015/107-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMT CII804 do CT Donón ao tramo CII8040644-reforma CT Donón.

Situación: Cangas.

Características técnicas: LMT aérea a 20 kV con condutor LA-56 de 58 metros de lonxitude, con orixe no apoio nº 30-31 do tramo de liña CII8040644 e final no apoio proxectado CH-1000-15, do cal continúa subterránea 2.613 metros, con condutor RHZ, finalizando no CT Donón. Reforma do centro de transformación Donón, consistente na instalación dun bloque compacto 2L1P de 250 kVA. A instalación está situada no Hío, Cangas.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado nesta xefatura territorial na avenida Fernández Ladreda, 43, 36003 Pontevedra, no prazo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacions por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Así mesmo, e no mencionado prazo, poderase examinar nesta xefatura territorial o proxecto da instalación.

Pontevedra, 2 de xullo de 2015

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados

Predio 1. Concello: Cangas; referencia catastral: 36008A006004210000JA, polígono 6, parcela 421; titular: descoñecido; afección: 1 m2 de solo para un apoio.