Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 27 de xullo de 2015 Páx. 31287

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Monforte de Lemos

ANUNCIO de aprobación definitiva dun estudo de detalle.

O Pleno do Concello de Monforte de Lemos, en sesión extraordinaria do 4 de xuño de 2015, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente o estudo de detalle para a ordenación do volume dunha edificación e reaxuste da aliñación nunha parcela situada entre as rúas Santa Clara e A Veiga, en Monforte de Lemos.

O que se fai público no Diario Oficial de Galicia, en cumprimento do disposto no artigo 92 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia. Tamén, de acordo co previsto no dito artigo, no Boletín Oficial da provincia de Lugo será publicado o referente á normativa e ordenanzas, e, con esta mesma data remítese á consellería competente en materia de urbanismo e ordenación do territorio a certificación do acordo e dous exemplares en copia autenticada de todos os documentos e planos que integran o estudo de detalle.

Monforte de Lemos, 2 de xullo de 2015

José Tomé Roca
Alcalde