Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 27 de xullo de 2015 Páx. 31283

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 20 de xullo de 2015 pola que se anuncia procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria, para a contratación do servizo de redacción de proxecto básico e de execución e dirección de obra do edificio do Campus de Auga no Campus de Ourense (expediente 322/15).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

• Dependencia: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

• Enderezo: Edificio de Xerencia-Servicios Centrais, Campus As Lagoas-Marcosende.

• Localidade e código postal: 36310 Vigo.

• Teléfono: 986 81 35 56.

• Telefax: 986 81 38 57.

• Correo electrónico: xscont@uvigo.es

• Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.tablon2.uvigo.es/index.asp?idm_abr=ga

• Data límite de obtención de documentación e información: ata a data de finalización do prazo de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 322/15.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizo redacción de proxecto básico e de execución e dirección de obra do Edificio do Campus de Auga no Campus de Ourense.

c) Lugar de execución/entrega:

• Enderezo: Campus de Ourense.

• Localidade e código postal: 32004 Ourense.

d) Prazo de execución: proxecto básico: 1 mes desde a sinatura do contrato; proxecto de execución: 3 meses desde sinatura do contrato; dirección de obra: segundo a duración da obra; documentación final: 1 mes desde a recepción da obra.

e) Admisión de prórroga: non.

f) C.P.V: 74.20.22 (Redacción proxecto) e 74.20.60 (Dirección de obra).

g) C.P.A.: 74200000-1.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os indicados no número 16 da folla resumo de características do prego.

4. Valor estimado del contrato: 206.900 €. Primeiro premio: 10.000 € (este importe subsúmese dentro do importe correspondente ao da licitación); segundo premio: 5.000 €; terceiro premio: 2.000 €.

5. Orzamento base de licitación: 199.900 €. IVE que vai soportar 41.979 €.

6. Garantías exixidas.

• Provisional: non se exixe.

• Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

• Complementaria: non se exixe.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica financeira e solvencia técnica e profesional: as que se indican respectivamente nos números 11 e 12 da folla de resumo de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Outros requisitos específicos: os indicados no número 13 da folla de resumo de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

b) Modalidade de presentación: papel tres sobres A, B e C.

c) Lugar de presentación:

• Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade de Vigo.

• Enderezo: Edificio de Xerencia Servicios Centrais, planta baixa. Praza de Erasmo, s/n, Campus das Lagoas-Marcosende.

• Localidade e código postal: Vigo 36310.

• Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: sesión pública para sobres B e C na Sala de Xuntas de Xerencia da Universidade de Vigo.

b) Enderezo: Edificio de Xerencia e Servicios Centrais, 2º andar. Praza de Erasmo, s/n, Campus das Lagoas-Marcosende.

c) Localidade e código postal: Vigo 36310.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante da Universidade de Vigo.

10. Gastos de publicidade: serán a cargo do adxudicatario, aproximadamente: 1.300 euros.

Vigo, 20 de xullo de 2015

Por delegación (Resolución do 7.5.2014; DOG do 13 de maio)
Manuel Fernández Jáuregui
Xerente da Universidade de Vigo