Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 27 de xullo de 2015 Páx. 31288

VI. Anuncios

b) Administración local

Mancomunidade de Concellos do Condado

ANUNCIO de liquidación e disolución da Mancomunidade de Concellos do Condado.

Por medio do presente anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia do acordo de liquidación da Xunta Reitora da Mancomunidade do Condado, do 4 de maio de 2015, xunto cos acordos de disolución dos concellos mancomunados.

– Os acordos de disolución da Mancomunidade do Condado dos concellos mancomunados (acordos plenarios dos concellos de Ponteareas (do 16 de outubro de 2012), de Salvaterra de Miño (do 26 de novembro de 2012) e de Salceda de Caselas (do 21 de decembro de 2012) publicáronse no Diario Oficial de Galicia núm. 122 (Diario Oficial de Galicia do 28 de xuño de 2013), segundo anuncio da Dirección Xeral de Administración Local, ao cal se pode acceder para a súa consulta.

– O acordo de aprobación definitiva da liquidación da Mancomunidade do Condado adoptouno a Xunta Reitora da Mancomunidade do Condado, en sesión extraordinaria do 4 de maio de 2015. O acordo de liquidación da Mancomunidade do Condado, así como o expediente de liquidación tramitado e resolto, figuran integramente nas dependencias do Concello de Ponteareas, ás cales poderán acceder os interesados para a súa consulta.

Contra o presente acto administrativo, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer ben recurso potestativo de reposición perante o mesmo órgano que o ditou e no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación/publicación, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses computados a partir do día seguinte ao da recepción da notificación/publicación. Non obstante, tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que os interesados consideren procedente consonte dereito.

Ponteareas, 28 de maio de 2015

Salvador González Solla
Presidente da Mancomunidade do Condado