Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 27 de xullo de 2015 Páx. 31289

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Agrulema, S. Coop. Galega

ANUNCIO de disolución e nomeamento de liquidadores.

O 20 de febreiro de 2015 os socios acordaron a disolución da cooperativa e o nomeamento como liquidadores de Manuel Legaspi Gesto, Carlos Juan Otero Otero e Alonso Grandela Novoa.

O balance aprobado para o inicio da liquidación ten no activo unha tesouraría con 9.708,77 € e no pasivo as partidas de capital con 6.010,12 €; reserva voluntaria con 2.530,75 €; fondo de reserva obrigatorio con 555,16 € e uns resultados sen aplicar de 612,74 €.

A Pastoriza, 6 de xullo de 2015

Carlos Juan Otero Otero
Liquidador