Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 27 de xullo de 2015 Páx. 31150

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (567/2014).

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da sección número 1 da sala segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 567/2014 desta sección, seguido por instancia de Servizo Público de Emprego Estatal contra Laboratorios Diasa Pharma, S.A., María Esther Barreiro Nogareda sobre desemprego, se ditou a seguinte resolución:

Decidimos:

Que estimando en parte o recurso de suplicación interposto pola letrada do Servizo Público de Emprego Estatal contra a sentenza de data do 10 de outubro de 2013 do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, en autos 703/10 por desemprego, revogamos esta e estimando parcialmente a demanda reitora, declaramos o dereito de Mª Esther Barreiro Nogareda a percibir pola extinción do seu contrato unha prestación de desemprego por un período de 248 días a razón de 47,34 euros condenando o SPEE a estar e pasar por tal declaración, mantendo a absolución da empresa demandada.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sala do social.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que ha de prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

Advírteselle á parte en ignorado paradoiro que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou localizacións, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG da provincia co fin de que sirva de notificación en forma a Laboratorios Diasa Pharma, S.A., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de localización, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 30 de xuño de 2015