Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 27 de xullo de 2015 Páx. 31127

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 3 de xullo de 2015 pola que se convoca o procedemento de selección de entidades privadas sen ánimo de lucro para a atención residencial, a intervención educativa integral e, se é o caso, terapéutica con menores que teñen que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores en centros de reeducación e centros de atención específica da Comunidade Autónoma.

Advertido erro na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 132, do 15 de xullo de 2015, cómpre efectuar a seguinte corrección:

– Na páxina 29519, onde di: «Todo o persoal educador adscrito á execución destas medidas deberá estar en posesión dunha diplomatura ou titulación universitaria de grao en Educación Social ou contar coa acreditación correspondente para o desempeño desta función.», debe dicir: « Todo o persoal educador adscrito á execución destas medidas deberá estar en posesión dunha diplomatura ou titulación universitaria de grao en Educación Social, ou en materias propias ou relacionadas coa intervención educativa ou social, ou contar coa acreditación correspondente para o desempeño desta función.».