Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 27 de xullo de 2015 Páx. 31126

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

CORRECCIÓN de erros. Orde do 22 de xuño de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras da subvención plurianual a concellos de Galicia para a mellora das coleccións bibliográficas das bibliotecas ou axencias de lectura públicas municipais integradas na Rede de bibliotecas de Galicia e se procede á súa convocatoria para o período do 1 de maio de 2015 ao 1 de abril de 2016.

Advertido erro na Orde do 22 de xuño de 2015, publicada no Diario Oficial de Galicia número 126, do 7 de xullo, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 28160, no anexo I (continuación), onde di:

«Certificado expedido polo/a secretario/a ou interventor/a do concello do gasto realizado na adquisición de fondos bibliográficos entre o 1 de xaneiro de 2014 e o 1 de maio de 2015 (detallando o importe correspondente a cada anualidade)».

Debe dicir:

«Certificado expedido polo/a secretario/a ou interventor/a do concello do gasto realizado na adquisición de fondos bibliográficos entre o 1 de xullo de 2014 e a data de finalización do prazo de presentación de solicitudes de subvención reguladas nesta orde (detallando o importe correspondente a cada anualidade)».