Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 27 de xullo de 2015 Páx. 31278

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 10 de xuño de 2015, da Zona Sur, polo que se anuncia a modificación do número 2 do capítulo 1 do prego de bases polas que se rexe a convocatoria pública para a creación da lista de agarda para o outorgamento de autorizacións de atracada para embarcacións da sétima lista nos portos de Vilaxoán, Bueu e Arcade.

En atención á proposta do club náutico local, co obxecto de atender a demanda real tendo en conta que os usuarios adquiren na actualidade embarcacións deportivas con maior manga para unha mesma eslora, e tamén co obxecto de retirar da convocatoria un pantalán destinado na actualidade á atracada de embarcacións dos profesionais da pesca e do marisqueo, anúnciase a modificación do cadro de dimensións máximas admisibles con carácter indefinido ata que sexa revogado por novo acordo, e contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, que queda do seguinte xeito:

Porto

Instalación

Dimensións máximas das embarcacións (eslora × manga)

Vilaxoán

Pantalán P2

6,00 m × 2,30 m

Bueu

Pantalán P4

7,00 m × 2,45 m

Arcade

Pantaláns P2 e P4

6,00 m × 2,40 m

Ábrese, así mesmo, un prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que as persoas e entidades interesadas poidan presentar por escrito nas oficinas mencionadas anteriormente as alegacións que consideren oportunas relativas a esta convocatoria.

Contra este acordo, que non esgota a vía administrativa, poderá interpor recurso de alzada ante o presidente do ente público Portos de Galicia no prazo dun mes (1) contado a partir do día seguinte ao da presente notificación, de acordo co disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Pontevedra, 10 de xuño de 2015

Mateo Ruibal Fernández
Enxeñeiro xefe da Zona Sur de Portos de Galicia