Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 24 de xullo de 2015 Páx. 30962

III. Outras disposicións

Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2015 pola que se conceden subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a proxectos de aforro e eficiencia enerxética para a renovación das instalacións de iluminación pública exterior existentes (ILE) nos concellos de Galicia, sobre a base da convocatoria realizada por Resolución do 18 de marzo de 2015 deste mesmo órgano (Diario Oficial de Galicia número 60, do 30 de marzo).

Antecedentes:

1. Mediante Resolución do 18 de marzo de 2015 establecéronse as bases reguladoras e anunciouse a convocatoria de subvencións de aforro e eficiencia enerxética, para proxectos de renovación das instalacións de iluminación pública exterior existentes nos concellos de Galicia, con financiamento en parte procedente de fondos comunitarios derivados do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 4, medida 43, actuación 2, que se refire ao programa de axudas públicas para o uso racional da enerxía.

2. Transcorrido o prazo para a presentación das solicitudes de axuda, leváronse a cabo os requirimentos de emenda da documentación daquelas solicitudes que non reunían os requisitos previstos na convocatoria.

3. Rematado o período de emenda, a comisión de valoración, como órgano colexiado encargado da análise e estudo da totalidade de solicitudes viables desde o punto de vista técnico e económico-financeiro, realizou o baremo de cada un dos expedientes atendendo aos criterios sinalados no artigo 14 das bases reguladoras.

Consideracións legais e técnicas:

1. A Xerencia do Instituto Enerxético de Galicia é o órgano competente para a instrución do procedemento administrativo de concesión das subvencións, e corresponde ao director deste organismo ditar as diferentes resolucións que se deriven del (artigo 11 das bases reguladoras).

2. No artigo 15.2 das bases establécese que o prazo máximo para resolver e notificar a resolución do procedemento de concesión das axudas será de catro (4) meses, contados desde a data en que rematou o prazo de presentación de solicitudes (30 de abril de 2015).

3. En virtude do disposto no artigo 15.4 das bases, con carácter xeral non se enviarán notificacións postais e, de conformidade co establecido no artigo 59.6.b) da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no caso das resolucións de concesión da subvención poderase substituír a notificación individual pola publicación no DOG e na páxina web do Inega (www.inega.es) . Nesta publicación especificarase a data da convocatoria, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade das subvencións outorgadas. Coa dita publicación poderase remitir aos beneficiarios a que consulten a información detallada da resolución a través do taboleiro electrónico de anuncios habilitado para estes efectos na referida páxina web.

4. Neste procedemento só se teñen en conta aqueles feitos, alegacións ou probas aducidos polos propios interesados.

5. Para determinar e cuantificar o investimento elixible sobre o que aplicar a porcentaxe de axuda correspondente das actuacións proxectadas polos solicitantes, tívose en conta o disposto nos artigos 8 e 9 das bases reguladoras.

De acordo con todo o anterior, dentro do prazo fixado pola norma reguladora da convocatoria, esta dirección

RESOLVE:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas con cargo á aplicación orzamentaria 08.A2.733A.761.0 que figuran no anexo desta resolución.

Segundo. As solicitudes non incluídas na resolución de concesión entenderanse denegadas ou rexeitadas por insuficiencia de crédito (artigo 23.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia).

Terceiro. A información detallada dos requisitos e condicións de cada axuda estará á disposición dos respectivos interesados no taboleiro electrónico, ao que deberán acceder a través da aplicación informática habilitada para estas axudas co usuario e contrasinal do solicitante, desde a páxina web do Instituto Enerxético de Galicia (www.inega.es), na epígrafe «Axudas concellos iluminación exterior 2015».

Cuarto. De acordo co disposto no artigo 18.1 das bases reguladoras, se transcorresen dez (10) días hábiles desde a publicación desta resolución no DOG sen que os interesados que figuran no anexo comunicasen expresamente a súa renuncia á subvención, entenderase que a aceptan, e desde ese momento adquirirán a condición de beneficiarios.

Quinto. Aquelas solicitudes que resulten seleccionadas e cuxos importes de axuda sexan aceptados expresa ou tacitamente polos beneficiarios pasarán a formar parte da lista pública prevista nos artigos 6 e 7.2.d) do Regulamento (CE) número 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro, que fixa as normas de desenvolvemento do Regulamento 1083/2006 de disposicións xerais relativos aos Fondos Europeos, e do Regulamento 1080/2006, do Parlamento Europeo e do Consello relativo ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (DOUE L 371, do 27 de decembro).

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación ou notificación, de acordo co previsto nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, pódese interpor recurso administrativo de reposición ante o mesmo órgano que ditou o acto, no prazo dun (1) mes contado do mesmo xeito, tal e como dispoñen os artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Todo iso sen prexuízo de calquera outro recurso que se considere oportuno.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2015

Ángel Bernardo Tahoces
Director do Instituto Enerxético de Galicia

ANEXO
Subvencións concedidas

Procedemento: IN417P-renovación de instalacións de iluminación pública exterior existentes (ILE).

P.O. Feder Galicia 2007-2013: actuación 4.43.2 (axudas públicas para o uso racional da enerxía).

Aplicación orzamentaria: 08.A2.733A.761.0.

Código

Solicitante

Provincia

Concellos

Puntuación

total

Custo elixible (€)

Axuda proposta (€)

91

Oza-Cesuras

A Coruña

Oza-Cesuras

97,58

59.544,30

50.612,65

51

Agrupación Abegondo

A Coruña

Abegondo

72,82

59.812,72

50.840,81

51

Agrupación Abegondo

A Coruña

Bergondo

72,82

43.553,95

37.020,86

51

Agrupación Abegondo

A Coruña

Betanzos

72,82

58.297,80

49.553,13

88

Catoira

Pontevedra

Catoira

63,40

26.048,88

18.234,22

85

Agrupación Pontevedra

Pontevedra

Pontevedra

62,37

59.637,39

50.691,78

85

Agrupación Pontevedra

Pontevedra

Marín

62,37

59.924,65

50.935,95

20

Vilagarcía de Arousa

Pontevedra

Vilagarcía de Arousa

61,06

59.776,90

41.843,83

21

Vilaboa

Pontevedra

Vilaboa

60,31

59.335,13

41.534,59

92

Begonte

Lugo

Begonte

59,90

24.649,65

17.254,75

38

Agrupación Cabanas

A Coruña

Miño

58,85

33.553,30

28.520,31

38

Agrupación Cabanas

A Coruña

Monfero

58,85

28.205,10

23.974,34

38

Agrupación Cabanas

A Coruña

Neda

58,85

24.774,75

21.058,54

38

Agrupación Cabanas

A Coruña

Pontedeume

58,85

42.585,95

36.198,06

38

Agrupación Cabanas

A Coruña

Vilarmaior

58,85

12.753,40

10.840,39

38

Agrupación Cabanas

A Coruña

Aranga

58,85

35.211,00

29.929,35

38

Agrupación Cabanas

A Coruña

Cabanas

58,85

37.510,00

31.883,50

38

Agrupación Cabanas

A Coruña

Irixoa

58,85

5.729,35

4.869,95

81

Agrupación Guntín

Lugo

Castroverde

58,74

15.451,70

13.133,95

81

Agrupación Guntín

Lugo

Pol

58,74

16.661,70

14.162,45

81

Agrupación Guntín

Lugo

O Corgo

58,74

46.706,00

39.700,10

81

Agrupación Guntín

Lugo

O Vicedo

58,74

30.189,50

25.661,08

81

Agrupación Guntín

Lugo

Friol

58,74

32.541,74

27.660,48

81

Agrupación Guntín

Lugo

Alfoz

58,74

25.990,80

22.092,18

81

Agrupación Guntín

Lugo

O Páramo

58,74

6.618,70

5.625,90

81

Agrupación Guntín

Lugo

Lourenzá

58,74

6.939,35

5.898,45

81

Agrupación Guntín

Lugo

Guntín

58,74

16.915,80

14.378,43

81

Agrupación Guntín

Lugo

A Pontenova

58,74

30.050,35

25.542,80

81

Agrupación Guntín

Lugo

Meira

58,74

10.321,30

8.773,11

81

Agrupación Guntín

Lugo

Xove

58,74

27.515,40

23.388,09

39

As Somozas

A Coruña

As Somozas

58,72

23.759,16

16.631,41

71

Fornelos de Montes

Pontevedra

Fornelos de Montes

58,13

40.589,45

28.412,62

10

Melide

A Coruña

Melide

57,98

59.443,07

41.610,15

68

Agrupación Palas de Rei

Lugo

Palas de Rei

57,89

37.292,99

31.699,04

68

Agrupación Palas de Rei

A Coruña

Santiso

57,89

57.192,34

48.613,49

64

Agrupación Porto do Son

A Coruña

Porto do Son

57,85

35.824,65

30.450,95

64

Agrupación Porto do Son

A Coruña

Noia

57,85

60.000,00

51.000,00

3

Agrupación Pobra e Boiro

A Coruña

A Pobra do Caramiñal

57,74

14.169,10

12.043,74

3

Agrupación Pobra e Boiro

A Coruña

Boiro

57,74

52.337,34

44.486,74

93

Baiona

Pontevedra

Baiona

57,25

26.367,45

18.457,21

70

A Guarda

Pontevedra

A Guarda

55,90

43.614,20

30.529,94

63

Agrupación Cerceda

A Coruña

Cerceda

55,14

23.431,65

19.916,90

63

Agrupación Cerceda

A Coruña

Mesía

55,14

20.303,80

17.258,23

63

Agrupación Cerceda

A Coruña

Tordoia

55,14

20.436,90

17.371,37

52

Agrupación A Baña

A Coruña

A Baña

54,90

40.335,35

34.285,05

52

Agrupación A Baña

A Coruña

Negreira

54,90

28.840,35

24.514,30

13

Ponteceso

A Coruña

Ponteceso

54,11

46.364,78

32.455,35

83

Val do Dubra

A Coruña

Val do Dubra

54,07

46.175,96

32.323,17

33

Agrupación Paradela

Lugo

Paradela

53,30

60.000,00

51.000,00

33

Agrupación Paradela

Lugo

Sarria

53,30

60.000,00

51.000,00

29

Soutomaior

Pontevedra

Soutomaior

52,19

37.898,17

26.528,72

11

Laxe

A Coruña

Laxe

52,05

53.644,27

37.550,99