Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 24 de xullo de 2015 Páx. 31016

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 8 de xullo de 2015, do Servizo de Mobilidade da Coruña, polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente XC-00971-O-2015 e tres máis).

A persoa titular da Xefatura Territorial da Coruña ditou a resolución dos expedientes sancionadores número XC-00971-O-2015 e outros tres máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recibo no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Infórmaselles que os expedientes sancionadores se encontran á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Coruña.

Comunicáselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante a persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

As sancións impostas foron aboadas anticipadamente cunha redución do seu importe conforme o previsto no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres.

A Coruña, 8 de xullo de 2015

César Concheiro Ceide
Xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción cometida

Data-Hora

Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

XC-00971-O-2015

3899-FPY

Garda Civil 1503 A54682C

Transportes Alvite Peón, S.L.

B70410394

r/ Antón Vilar de Ponte, nº 4, pta. 4, porta 4

15702 Santiago de Compostela

(A Coruña)

Exceso no tempo de condución bisemanal (90 horas). Máis de 90 horas ata 100 horas.

5.11.2014; 9.31; AP-9 M; 1,2

Artigo 142.17 da LOTT

Artigo 143.1.a) da LOTT

100 euros

XC-00985-O-2015

4792-CXS

Garda Civil 1500 M99561Y

Nicasio Casal, S.L.

B15587942

Avda. de Galicia, 4

15320 As Pontes de García Rodríguez

(A Coruña)

Diminución do descanso diario reducido (sobre 9 horas). Igual ou superior a 8 horas e inferior a 9 horas.

5.11.2014; 7.00; AC-12; 6,3

Artigo 142.17 da LOTT

Art. 143.1.a) da LOTT

100 euros

XC-01129-O-2015

5762-GGB

Garda Civil 1500 D64627A

Transtanoa, S.L.

B94028263

Chan da Ponte, 12, portal 4

36450 Salvaterra de Miño

(Pontevedra)

Exceso nos tempos máximos de condución diaria (sobre 9 horas). Máis de 9 horas ata 10 horas.

22.12.2014; 20.26; AC-523; 19,1

Artigo 142.17 da LOTT

Artigo 143.1.a) da LOTT

100 euros

XC-01325-O-2015

1330-DJV

Garda Civil 1503 N41519R

Transcasillas, S.L.

B70096839

Avda. da Coruña, 195

27003 Lugo

Diminución do descanso diario fraccionado (sobre 3+9 horas). Igual ou superior a 8 horas e inferior a 9 horas.

31.1.2015; 9.56; N-651; 14,0

Artigo 142.17 da LOTT

Artigo 143.1.a) da LOTT

100 euros