Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 24 de xullo de 2015 Páx. 31090

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 8 de xullo de 2015 pola que se lle notifica á interesada a liquidación de préstamo con garantía hipotecaria.

De conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido e ao ser descoñecido o lugar de notificación en España segundo información do Instituto Nacional de Estatística, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia, na cal se lle dará coñecemento do contido íntegro do acto que se lle notifica.

A comparecencia deberá efectuarse ante o órgano de tramitación, o Servizo de Réxime Xurídico e Inspección do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) , situado na Área Central, s/n, polígono das Fontiñas, 15781 Santiago de Compostela, nun prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no taboleiro de edictos (TEU) do BOE.

No caso de transcorrer o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2015

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Expediente: C-88/501, conta 71.

Nome: Mª Cristina Nsue Rivera, con DNI 34888251-B.

Último domicilio coñecido: Urbanización Sol y Mar, bloque 10 (antes bloque 16), escaleira 1, 1º A , 15142 Arteixo (A Coruña).

Indicación do contido do acto que se notifica: notificación da cantidade exixible resultante de liquidación de préstamo con garantía hipotecaria sobre a vivenda de promoción pública adquirida ao IGVS (artigo 572 da Lei de axuizamento civil).

Trátase dun acto de mero trámite polo que, de conformidade co disposto no artigo 107 da Lei 30/1992, non poderá interporse ningún recurso.