Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 23 de xullo de 2015 Páx. 30837

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 25 de xuño de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente LU-RES 2014/201 e seis máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracions públicas e do procedemento administrativo común, na redacción dada pola Lei 15/2014, do 16 de setembro, de racionalización do sector público e doutras medidas de reforma administrativa, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos obxecto de notificación foron acordados polo xefe territorial en Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (resolución do procedemento) e pola instrutora do procedemento sancionador (proposta de resolución).

A comparecencia deberá efectuarse na sede da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A sede da Xefatura Territorial é rolda da Muralla nº 70, 2º (Lugo).

O plazo para realizar a comparecencia será de dez días. O dito prazo comezará a contar a partir do día seguinte a aquel en que se publique esta notificación no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia da notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o plazo de dez días desde a publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da dita publicación.

Lugo, 25 de xuño de 2015

P.S. (Resolución do 17.6.2014)
Marco A. Fernández Piñeiro
Xefe do Servizo de Contratación e Apoio Administrativo

ANEXO

Expediente

Interesado

Acto notificado

LU-RES 2014/201

Cristian Tintar

Resolución de procedemento sancionador

LU-RES 2014/202

Víctor M. de Jesús Oliveira

Resolución de procedemento sancionador

LU-RES 2015/005

Elomari Abdelkarim e

Dimitru Dan

Resolución de procedemento sancionador

LU-RES 2015/033

Nicusor Mustafa

Proposta de resolución de procedemento sancionador

LU-RES 2015/062

Ion Stefan

Proposta de resolución de procedemento sancionador

LU-RES 2015/070

Costel Sali

Proposta de resolución de procedemento sancionador

LU-RES 2015/076

Diego Camacho Gabarre e

Santiago Camacho Gabarre

Proposta de resolución de procedemento sancionador