Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 23 de xullo de 2015 Páx. 30839

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 26 de xuño de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia en materia de residuos (expediente OU-6/2015 RE e catro máis).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia, ao non ser posible a súa notificación a través do servizo de Correos.

Os actos foron adoptados pola xefa territorial. A súa eficacia queda supeditada a súa publicación no TEU do BOE.

A comparecencia efectuarase no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, na sede desta xefatura territorial, sita na rúa do Paseo, nº 18, 4º andar, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

Ourense, 26 de xuño de 2015

Victoria Núñez López
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU-6/2015 RE.

Denunciada: Angélica Toader.

Acto notificado: resolución de expediente.

Expediente: OU-8/2015 RE.

Denunciado: Marius Durac.

Acto notificado: resolución de expediente.

Expediente: OU-16/2015 RE.

Denunciado: Cristian Tintar.

Acto notificado: resolución de expediente.

Expediente: OU-27/2015 RE.

Denunciada: Nelu Anghelachi.

Acto notificado: resolución de expediente.

Expediente: OU-152/2014 RE.

Denunciados: Florin Sali / Marian Cosmin Sali.

Acto notificado: resolución de expediente.