Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 23 de xullo de 2015 Páx. 30872

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 30 de xuño de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2015055AM-LU, por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 9 de xuño de 2015, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Lugo ditou resolución do expediente sancionador 2015055AM-LU, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Lugo a Gran Balneario de Aguas Mineromedicinales de Guitiriz, S.A.

Intentada a notificación da resolución segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Gran Balneario de Aguas Mineromedicinales de Guitiriz, S.A. o contido da citada resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita na rúa Montevideo, 9, Lugo, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

En caso de conformidade co contido desta resolución, o aboamento voluntario da sanción poderá facerse no seguinte prazo: 1) as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non é hábil, ata o inmediato día hábil seguinte, e 2) as notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non é hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; todo isto mediante o ingreso que poderá efectuar en calquera oficina de Abanca; en BBVA, transacción 1316 NIF S1511001H, ou en Banco Santander, empregando os impresos normalizados que se lle facilitarán nas dependencias desta xefatura territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente; de non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da xa citada Lei 30/1992, do 26 de novembro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Lugo, 30 de xuño de 2015

Patricia Daporta Padín
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº expediente: 2015055AM-LU.

Interesada: Gran Balneario de Aguas Mineromedicinales de Guitiriz, S.A.

CIF: A15003072.

Último enderezo coñecido: estrada do Balneario s/n, 27300 Guitiriz.

Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Artigos infrinxidos:

– Artigos 6.3 e 11.5 do Real decreto 742/2013, de 27 do setembro, polo que se establecen os criterios técnico-sanitarios das piscinas (BOE núm. 244, do 11 de outubro; corrección de erros BOE núm. 271, do 12 de novembro de 2013, e BOE núm. 156, do 27 de xuño de 2014).

– Artigo 57.2.c.1 da Lei 33/2011, do 4 de outubro, xeral de saúde pública (BOE núm. 240, do 5 de outubro).

Tipificación: leve.

Sanción imposta: seiscentos euros (600,00 €).