Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 23 de xullo de 2015 Páx. 30871

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 9 de xullo de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se lle notifica ao interesado o acordo de incoación de caducidade do permiso de investigación La Encina 5539, da provincia de Lugo.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada parcialmente pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle a Francisco Serradilla Ballinas, con último enderezo coñecido na rúa Dos de Mayo, 32, 1º esquerda, 24400 Ponferrada, o acordo de incoación de expediente de caducidade do permiso de investigación La Encina 5539, desta provincia, xa que, intentada a notificación polos medios legalmente establecidos, non se puido efectuar.

Ao dito acordo de iniciación poderanse achegar, nun prazo de dez días, cantas alegacións, documentos ou informacións se consideren oportunas, segundo o artigo 78 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 9 de xullo de 2015

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo