Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 22 de xullo de 2015 Páx. 30674

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4020/2014 MCR).

Tipo e número de recurso: RSU recurso de suplicación 4020/2014 MCR

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 1216/2011 Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

Recorrente: Lidia Valeiras Pérez

Avogado: Eugenio Moure González

Procuradora: Beatriz Castro Álvarez

Recorridos: Sergas, Fogasa, Clece, S.A., Maconsi, S.L., administración concursal Maconsi, S.L. (Ricardo José Orban Moreno), administración concursal Maconsi, S.L. (Manuel Elías Pérez Álvarez), administración concursal Maconsi, S.L.l. (Manuela Seguin Nieto)

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4020/2014 MCR desta sección, seguido por instancia de Lidia Valeiras Pérez contra o Sergas, Fogasa, Clece, S.A., Maconsi, S.L., administración concursal Maconsi, S.L. (Ricardo José Orban Moreno), administración concursal Maconsi, S.L. (Manuel Elías Pérez Álvarez), administración concursal Maconsi, S.L. (Manuela Seguin Nieto), sobre cesión ilegal, se ditou a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual da demandante contra a Sentenza de data 5 de marzo de 2014, ditada polo Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, en autos 1216/2011, confirmamos a sentenza contra a que se recorre.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de 4 díxitos correspondentes ao número do recurso e 2 díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de 20 díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Maconsi, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 30 de xuño de 2015

A secretaria xudicial