Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 22 de xullo de 2015 Páx. 30672

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 1 de xullo de 2015, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, polo que se procede a dar publicidade á Resolución 04F/15 da mesma data pola que se convoca a provisión dun posto vacante de xefe do Servizo de Atención Primaria.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG nº 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG nº 106, do 5 de xuño) pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión de postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e no uso das competencias atribuídas pola Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG nº 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, disponse:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, un posto vacante de xefe de Servizo de Atención Primaria.

Segundo. Poderá concorrer a ela todo o persoal licenciado sanitario, con vínculo de fixeza, situación de servizo activo e adscrición efectiva ao servizo en que presente a candidatura.

Terceiro. A resolución da convocatoria coas súas bases estará exposta na mesma data de publicación deste anuncio no DOG, no taboleiro de anuncios da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.galiciasaude.es) .

Cuarto, As instancias dirixiranse ao xerente da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña (Hospital da Coruña, Edificio Hotel de Pacientes, As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña) e poderán presentarse no rexistro desta ou calquera rexistro xeral dos servizos do Servizo Galego de Saúde e da Consellería de Sanidade ou a través de calquera dos procedementos do artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

O prazo para a presentación das instancias será de 15 días hábiles e comenzará a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, a 1 de xullo de 2015

Francisco José Vilanova Fraga
Xerente de Xestión Integrada da Coruña