Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 22 de xullo de 2015 Páx. 30671

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

CORRECCIÓN de erros. Orde do 15 de xuño de 2015 pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2.

Advertido erro na orde antes citada, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 114, do 18 de xuño de 2015, cómpre facer a seguinte corrección:

– Na páxina 24360, onde di: «Os documentos que xustifiquen a exención (orixinais ou fotocopias compulsadas) deberán ser presentados polos aspirantes que superen o primeiro exercicio no prazo de dez (10) días hábiles...», debe dicir: «Os documentos que xustifiquen a exención (orixinais ou fotocopias compulsadas) deberán ser presentados polos aspirantes que superen o segundo exercicio no prazo de dez (10) días hábiles...».