Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 22 de xullo de 2015 Páx. 30725

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 2015 pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto, non suxeito a regulación harmonizada, con tramitación ordinaria, documentalmente simplificada, do servizo de deseño, montaxe, desmontaxe e atención dun posto da Consellería do Medio Rural e do Mar na feira Iberflora 2015, que terá lugar en Valencia do 30 de setembro ao 2 de outubro (expediente 31/2015).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo de deseño, montaxe, desmontaxe e atención dun posto da Consellería do Medio Rural e do Mar na feira Iberflora 2015, que terá lugar en Valencia do 30 de setembro ao 2 de outubro.

c) División por lotes e número: non.

d) Prazo de execución: desde o día seguinte ao da sinatura do contrato ata os oito días seguintes á finalización do certame.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV: 79950000-8.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto, non suxeito a regulación harmonizada, documentalmente simplificado.

Criterios de adxudicación: de xuízo de valor e de aplicación de fórmulas, recollidos na epígrafe N do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento de licitación:

Importe neto: 57.851,24 €, IVE (21 %): 12.148,76 €. Importe total: 70.000,00 €.

Valor estimado: 57.851,24 € (sen IVE).

5. Financiamento: fondos propios.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe. Non obstante, se o licitador conta coa clasificación: grupo L, subgrupo 5, categoría A, está exento de presentar solvencias (epígrafe H da folla de especificacións).

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, se é o caso: segundo o disposto nas epígrafes J e K da folla de especificacións.

7. Garantías exixidas:

Provisional: non se exixe. Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

8. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar. Servizo de Contratación.

b) Domicilio: Edificio Administrativo nº 5, 2º andar, Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 40 46-981 54 57 37 (consultas administrativas) 981 54 00 62-981 54 00 67 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 50 03.

e) Correo electrónico: licitacion.medioruralemar@xunta.es

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, desde as 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23012

9. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince (15 días) naturais, a non ser que o último día sexa inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, 15781), poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 50 03).

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 12.30 horas do 17 de agosto de 2015. A apertura dos sobres C terá lugar, en acto público, no lugar, data e hora que se comunicará mediante a súa publicación no perfil do contratante e mediante o envío dun fax a cada un dos licitadores.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2015

P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG nº 70, do 12 de abril)
María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar