Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 22 de xullo de 2015 Páx. 30723

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 7 de xullo de 2015, da Dirección Xeral de Emprego e Formación, pola que se notifican as resolucións dos expedientes de reintegro das subvencións concedidas nos expedientes TR352B 2009/339-0 e TR352B 2009/340-0.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, mediante esta cédula notifícanselle á entidade relacionada no anexo as resolucións dos expedientes de reintegro das subvencións concedidas mediante resolucións do director xeral de Promoción do Emprego de data 7 de agosto de 2009.

Faise saber que os interesados disporán dun prazo de 15 días contados desde o día seguinte á data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado para que aleguen ou presenten os documentos que consideren pertinentes, de acordo co disposto no artigo 77 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Recórdaselles tamén o seu dereito a consultar os expedientes, depositados nas dependencias desta dirección xeral, sita no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, e a obter, de ser o caso, copia da resolución, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da mencionada Lei 30/1992.

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2015

Ana María Díaz López
Directora xeral de Emprego e Formación

ANEXO

Entidade: Asociación Seminario de Estudios Socioeconómicos de Pontevedra Carlos Velasco.

Enderezo: Benito Corbal, 14, 5º B, 36001 Pontevedra.

Nº de expediente: TR352B 2009/339-0.

Data da resolución de inicio do expediente de reintegro: 17 de abril de 2015.

Preceptos incumpridos: artigo 7.3 da Orde do 29 de decembro de 2008 pola que se establecen as bases que regulan, para o exercicio do ano 2009, as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación, no ámbito de colaboración coas entidades locais e con órganos e organismos das administracións públicas distintas da local, universidades e entidades sen ánimo de lucro e se procede á súa convocatoria (DOG núm. 7, do 12.1.2009), artigo 33.1.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Cantidade para reintegrar: 6.190,80 €.

Nº de expediente: TR352B 2009/340-0.

Data da resolución de inicio do expediente de reintegro: 17 de abril de 2015.

Preceptos incumpridos: artigo 7.3 da Orde do 29 de decembro de 2008 pola que se establecen as bases que regulan, para o exercicio do ano 2009, as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación, no ámbito de colaboración coas entidades locais e con órganos e organismos das administracións públicas distintas da local, universidades e entidades sen ánimo de lucro e se procede á súa convocatoria (DOG núm. 7, do 12.1.2009), artigo 33.1.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Cantidade para reintegrar: 6.431,28 €.