Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 22 de xullo de 2015 Páx. 30728

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 8 de xullo de 2015, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, polo que se notifica a resolución ditada no expediente de axuda para a modernización das explotacións agrarias e para a incorporación de mozos á actividade agraria (número 32/00035/13).

De conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle ao interesado, que se sinala no anexo deste anuncio, a resolución ditada no expediente de axuda para a modernización das explotacións agrarias e para a incorporación de mozos á actividade agraria nº 32/00035/13.

O interesado poderá comparecer nas oficinas do Servizo de Explotacións e Asociacionismo Agrario, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, Consellería do Medio Rural e do Mar (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, para o coñecemento íntegro da dita resolución e a constancia de tal coñecemento.

A resolución que se notifica esgota a vía administrativa. O interesado poderá interpoñer contra ela, potestativamente, recurso de reposición perante a conselleira do Medio Rural e do Mar no prazo dun mes ou, directamente, recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses. A eficacia do acto administrativo queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que os prazos para presentar os recursos se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE. Todo isto sen prexuízo de que o interesado poida exercer calquera outro recurso que considere pertinente.

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2015

Patricia Ulloa Alonso
Directora xeral de Produción Agropecuaria

ANEXO

Procedemento: expediente número 32/00035/13 de axuda para a modernización das explotacións agrarias e para a incorporación de mozos á actividade agraria.

Interesado: José Ramón Costa Formoso.

Acto de notificación: resolución para declarar a perda do dereito ao cobramento da axuda.

Último enderezo coñecido: r/ Progreso, 43, 2º B, 32005 Ourense.