Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 22 de xullo de 2015 Páx. 30730

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 8 de xullo de 2015, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, polo que se notifica o acordo de inicio ditado no expediente de axuda para a mellora da eficacia e sustentabilidade das explotacións agrarias e para a incorporación de novos activos agrarios (número 36/00199/09).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa interesada, que se sinala no anexo deste anuncio, o acordo de inicio do procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento total da axuda para a mellora da eficacia e sustentabilidade das explotacións agrarias e para a incorporación de novos activos agrarios.

A persoa interesada pode comparecer nas oficinas do Servizo de Explotacións e Asociacionismo Agrario, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, Consellería do Medio Rural e do Mar (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, para coñecemento do dito acordo e constancia de tal coñecemento.

Segundo o artigo 77.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a persoa interesada poderá presentar, no prazo de quince días, cantas alegacións e documentos coide convenientes. A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE) polo que o prazo para presentar as alegacións se computará a partir do día seguinte ao desa publicación.

Se o interesado non presenta alegacións, o órgano competente poderá, sen máis trámite, resolver este procedemento nos mesmos termos contidos no acordo de inicio.

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2015

Patricia Ulloa Alonso
Directora xeral de Produción Agropecuaria

ANEXO

Procedemento: expediente número 36/00199/09, de axudas para a modernización das explotacións agrarias e para a incorporación de mozos á actividade agraria.

Interesada: Bodegas Agnusdei, S.L.

Acto de notificación: acordo de inicio do procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento total da axuda.

Último enderezo coñecido: Aguís, Simes, 36968, Meaño, Pontevedra.